A Vía Céltica, ademais dun marabilloso itinerario xacobeo, pode ser un magnífico eixo vertebrador da Costa da Morte e un verdadeiro impulso económico para o turismo, a hostalería, o comercio e o sector empresarial desta zona, ao tempo que pode actuar como verdadeiro catalizador cultural ao expor bens culturais, patrimonio, historia, festas e tradicións ao mundo.
Por este motivo gustaríanos que calquera persoa ou entidade colaborase na implantación e promoción deste Camiño.
¿Como podes contribuír a promocionar a Vía Céltica?
- Individuais: Percorrer a Vía Céltica, participar en andainas, descubrir quizais marabillas de que tiñas só un paso e non coñecías e dándoas a coñecer ao mundo.
- Asociacións: Organización de andainas, presentacións, eventos culturais e deportivos, promovendo a investigación do Camiño na súa zona.
- Empresas: Apoiando economicamente a consolidación e promoción da Vía Celtica, creando produtos e servizos coa marca Vía Céltica, presumindo na publicidade da súa empresa de apoiar esta iniciativa.
- Institucións: Colaborando na sinalización e mantemento das vías, elaboración de atractivos guías turísticos, presenza nos eventos e feiras máis importantes do sector Turismo, organización de eventos culturais vinculados á Vía Céltica…
E por suposto todos poden colaborar tamén a través de doazóns económicas que permitan que a pequena estrutura humana que traballa arreo para que o proxecto da Vía Céltica chegue a bo porto para contar cos medios axeitados para conseguilo.
Podes doar na nosa conta ES69 2100 4868 2622 0009 9751
.