Xa temos dispoñible na nosa web o primeiro video promocional da Vía Céltica; máis concretamente a variante que sae do Porto de Caión. Este tramo percorre a etapa dende Caión ata Buño, pasando por a praia das Salseiras, os lugares de Leira, Arnela, Razo, Monte Neme, … ata chegar a Buño. Case 21 Km dunha paisaxe repleto de praias e natureza.
O video foi realizado polos amigos de “DE RUTAS Y SENDAS” que percorreron a Vía Céltica na súa totalidade. O enlace a youtube podes atopalo en “GUÍA DO CAMIÑANTE”.