“14 mulleres profesionais chegadas de toda Europa participan nestas semanas nun proxecto singular: The Break Costa da Morte.
A idea principal é reunir talento feminino europeo no marco da creación de contidos dixitais, e planificación turística, para axudar ao noso sector turístico a crear unha estratexia que axude a desenvolver proxectos que están empezando a convertirse en produtos; entre eles, a Vía Céltica“.
Durante a primeira semana unha ducia de profesionais estiveron afondando nas necesidades e oportunidades da nosa comarca, centrando o obxectivo na creación dun plan de acción, unha estratexia a curto e medio prazo arredor de dous proxectos turísticos singulares: a Destino Starlight e Vía Céltica.
Un proxecto promovido en toda España pola Escola de Organización Industrial (EOI); unha iniciativa que achega talento feminino á comarca para capitalizar na estratexia turística local, sempre dende unha perspectiva de turismo sostible ou ecoturismo, como sinalaba Eva Curto, coordinadora da EOI.
As emprendedoras de The Break Costa da Morte conoceron de primeira man o itinerario da Vía Céltica facendo o tramo dende Laxe ata a Garga.