Aproveitando estes festivos de Semana Santa, organizamos unha roga en colaboración coa ASOCIACIÓN VENTO LIBRE (San Román – Val do Dubra) co obxectivo de limpar os camiños en Paramos e San Román, que nos permitirá recuperar os itinerarios históricos e alonxar o camiño da carretera.

O xoves limpamos o tramo dende Paramos ata Carreira dos Cregos e deixámolo tamén sinalizado; como rematamos cedo fomos a revisar o tramo do camiño que vai de San Román ó acceso para Xermán, que estaba completamente tomado polas silvas. Acordamos limpalo e o Venres catro voluntarios provistos de desbrozadoras e motoserras deixaron o tramo listo. Tamén limpamos un último tramo especialmente bonito: dende Xermán a Portomouro…

O noso agradecemento pola súa colaboración…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *