VIDEOS DA VÍA CÉLTICA

  • PRÓLOGO CAIÓN: Os nosos amigos de “DE RUTAS Y SENDAS” parten de Caión para iniciar a súa andadura pola Vía Céltica. Visitarán a igrexa de Santa María do Socorro onde o seu párroco lles expide a credencial para obter a Compostela.

 

  • VARIANTE CAIÓN
  • ETAPA: CAIÓN-BUÑO :Este tramo percorre a etapa dende Caión ata Buño, pasando por a praia das Salseiras, os lugares de Leira, Arnela, Razo, Monte Neme, … ata chegar a Buño. Case 21 Km dunha paisaxe repleto de praias e natureza. O video foi realizado polos amigos de  “DE RUTAS Y SENDAS” que percorreron a Vía Céltica na súa totalidade.

 

  • VARIANTE MALPICA
  • ETAPA: MALPICA – CASTROBÓ: Este tramo parte dende o porto de Malpica, pasando pola Igrexa de San Tirso de Vilanova, o templo de San Cristovo de Cerqueda e o de San Xoán de Xornes. Visitamos o dolmen Pedra da Arca e cruzamos o río Anllóns pola Ponte Dona, levantada no 1839.

  • VARIANTE BARIZO
  • ETAPA: BARIZO – NEMEÑO: Partimos do porto de Barizo cunhas vistas espectaculares da súa praia, dos Montes da Insua e Beo e das Illas Sisargas. Percorremos os sete km que hai ata Nemeño, onde conflúe o ramal procedente de Ponteceso; neste tramo atopamos a Igrexa de Santiago de Mens e a de San Martiño de Cores, con evidencias do estilo románico plasmado no taqueado axedrezado.

  • VARIANTE CORME
  • ETAPA: CORME – A PONTEDONA. A vila pesqueira de Corme será o punto de inicio desta etapa. O camiño sorpréndenos co monumento rupestre da Pedra da Serpe e faremos frente ás rampas que nos levan ó Monte do Faro, para visitar a súa capela e as súas fantásticas vistas. Cruzamos os lugares de Brantuas, Niñóns e Nemeño e neste último  enlazaremos coa variante que parte de Barizo á altura da Igrexa de Santo Tomé.  As sinais lévannos ata os lugares de A Rocha, Pardiñas, Casas Novas ata chegar a Tallo. Aquí volveremos a atopar pistas dun antiguo lugar de acollida de peregrinos na súa Igrexa de Santo André. …E de aquí ata A Pontedona.

 

  • VARIANTE PONTECESO
  • ETAPA PONTECESO – A GARGA: este tramo consta tan so de 3 Km, pero con grandes bens patrimoniais e naturais. Ponteceso foi antigo porto de tránsito de mercadurías e aquí conservase a casa natal de Eduardo Pondal. Está situada no tramo final do Río Anllóns na súa saída ao mar deixando unhas bonitas estampas naturais. De grande interese é o templo románico de San Fins de Anllóns que atopamos no lugar de Anllóns Grande, e neste templo agárdanos Xesus, paisano de A Garga que nos acompaña ata o final deste tramo.

 

  • VARIANTE LAXE
  • ETAPA LAXE – CASTROBÓ: a Igrexa de Santa María da Atalaia é o punto de partida desta variante; de estilo gótico mariñeiro , chama a atención o seu retablo da Resurrección. Percorremos a súa praia e dirixímonos ata o lugar de Canduas onde se atopa a Igrexa de San Martiño. De aquí partimos ata A Garga onde conflúe a variante que ven dende Ponteceso para dirixirnos a Castrobó.

 

  • VARIANTE CAMARIÑAS
  • ETAPA CAMARIÑAS – QUINTÁNS: saímos de Camariñas e cruzaremos lugares como O Cruceiro, Os Pións e O Sixto onde se atopa a Igrexa de Santa María de Xaviña. Posteriormente visitaremos Tasaraño, Dor e O Allo que nos levarán a Ponte de Porto e Cereixo. Éste último alberga a Igrexa de Santiago de Cereixo cun singular tímpano que representa a Traslatio do Santiago Apóstol. De aquí a Leis de Nemancos onde visitaremos o seu templo románico, para logo dirixirnos a Sendón e Quintáns.

  • VARIANTE MUXIA
  • ETAPA  MUXÍA – ROMAR: ademais de visitar o Santuario da Barca, merece a pena que achegarse ata o templo ROMÁNICO de SANTA MARIA. Crese que foi levantado sobre un templo prerrománico, máis a primeira referencia documental é de 1176. Saímos de Muxía para dirixirnos á Igrexa de San Xulián de Moraime, templo románico con murais do século XVI. De aquí á parroquia de San Martiño de Ozón, vinculado nun tempo a un mosteiro benedictino, para logo continuar ata Quintáns e Berdoias, xa no concello de Vimianzo.