O Museo de Arte Contemporánea en Corme (Ponteceso) acolliu o pasado 22 de outubro de 2022 a presentación da “Vía Céltica, os Camiños de Santiago dende os portos de Bergantiños e a Costa da Morte”.
O evento que foi presentado polo alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, comezou coa da actuación das #pandereteiras do #Roncudo, proseguido das intervención de Suso Lista, Manuel Amigo e o historiador Joam Evans. Carballido sinalou que o Camiño de #Santiago Vía Céltica, dende os portos de Bergantiños e Costa da Morte, conta xa coa aprobación da Compostela Oficial. Ó evento tamén asistiron diversos concelleiros dos concellos polos que transcorre a Vía Céltica e finalizou cun ameno coloquio entre os poñentes e so asistentes ao mesmo.
A presentación da Vía Céltica deixa patente a importancia desta vía histórica e dende o Concello de Ponteceso comprometéronse a traballar para potenciala como reclamo turístico, patrimonial e cultural.