O pasado mes de outubro de 2022, o Concello de Santa Comba organizou unha peregrinación á Santiago de Compostela percorrendo a Vía Céltica, en catro etapas:

  • 30 de outubro de 2022: Castriz – Paramos
  • 6 de novembro de 2022: Vilar de Céltigos – Paramos
  • 13 de novembro de 2022: Paramos – Belén
  • 20 de Novembro: Belén – Santiago de Compostela
A Vía Céltica ten un tramo común entre Paramos (Val do Dubra) e Santiago de Compostela e dous grandes ramais: o camiño marítimo desde os portos de Bergantiños (que conflúen en Valenza) e o camiño marítimo dende os Portos da Costa da Morte (que conflúen en Romar).
Ambas rutas atravesan o Concello de Santa Comba: a procedente da Costa da Morte percorre o noso concello dende Vilar de Céltigos ata Freixeiro, e a que procede dos Portos de Bergantiños faino dende Castriz ata Carboeiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *