A Vía Céltica xa conta co seu Mapa Ilustrado da man de CHENCHO PARDO VALDÉS, debuxante e calígrafo lucense que amosa a súa paixón por Galicia a través das súas láminas, con debuxos do Camiño de Santiago e de varias localidades galegas.
Utiliza unha caligrafía medieval para acompañar cada debuxo e para facelos Chencho viaxa por toda a xeografía galega, co fin de coñecer de preto as costumes de cada localidade e plasmar a riqueza do noso patrimonio.
E precisamente no ano 2020, tivo lugar no Museo das Peregrinacións e de Galicia unha mostra dunha serie de láminas do Camiño de Santiago, denominada «Viae ad limina Sancti Iacobi» realizadas polo debuxante e que máis tarde recollería nun catálogo de dita exposición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *