A Asociación Cultural “Petón do Lobo” con sede en Corcoesto, Cabana de Bergantiños, organizou un roteiro dende San Fiz de Anllóns ata Santa Margarida da Baneira o pasado 28 de maio, inaugurando así este tramo da VÍA CÉLTICA.

A ruta realizouse polo antigo “Camiño Real” e, a partir de agora, a Capela de Santa Margarida da Baneira quedou acreditada como punto de selado de credenciais para os peregrinos que realicen esta ruta.

Este tramo está integrado nunha das seis rutas que conforman a variante da Vía Céltica procedente dos Portos de Bergantiños e que sae de Ponteceso e pasa por Anllóns – A Garga – Baneira – Valenza – Agualada – Castriz – Carboeiro – Paramos – Portomouro e Santiago de Compostela.

ROTEIRO REALIZADO O 28 DE MAIO

A CAPELA DE SANTA MARGARIDA DA BANEIRA, NOVO PUNTO DE SELADO DE CREDENCIAIS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *